Todo comezo ten o seu fin e aqui remata esta aventura. Levamos connosco unha morea de coñecementos. Construímos castelos e identificamos as súas partes, retamos á memoria para unir cada ovella coa súa parella, fomos quen de resolver adiviñas que nos descubiron a personaxes importantes do Medievo e outras moitas actividades! Realizamos un pequeno resumo coa ferramenta Picovico e aqui vos deixamos un pequeno collage, xa que o vídeo non é compatible co noso blog para subir 🙁
Unha última cousiña que mostrar, na seguinte ligazón deixámosvos unha proba do que se pode argallar coa app tellagami, botádelle un ollo! Ata a próxima amigxs!!!