Ata a próxima aventura!

Todo comezo ten o seu fin e aqui remata esta aventura. Levamos connosco unha morea de coñecementos. Construímos castelos e identificamos as súas partes, retamos á memoria para unir cada ovella coa súa parella, fomos quen de resolver adiviñas que nos descubiron a personaxes importantes do Medievo e outras moitas actividades! Realizamos un pequeno resumo coa ferramenta Picovico e aqui vos deixamos un pequeno collage, xa que o vídeo non é compatible co noso blog para subir 🙁

collage

Unha última cousiña que mostrar, na seguinte ligazón deixámosvos unha proba do que se pode argallar coa app tellagami, botádelle un ollo! Ata a próxima amigxs!!!

https://tellagami.com/gami/XX8646/

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

Usando as TIC!

É de saber que, para a elaboración deste proxecto, empregamos diversas ferramentas tecnolóxicas para o deseño das actividades. A continuación, ensinámosvos unha mostra do que podemos argallar co programa MBlock:

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

Damas e cabaleiros:

Benvidas e benvidos a participar na maior aventura medieval! É de obrigado cumprimento poñer a proba o voso coñecemento. Por unha chea de actividades teredes que pasar se ó seguinte nivel queredes saltar. Recorda que, só dándolle solución seremos quen de aprender un montón. Hai grandes curiosidades da época que vos deixarán coa boca aberta. Non vos enganamos, botádelle un ollo que decontado comezamos. Co seguinte xogo á memoria retarás e cun pouco enxeño, as profesións aprenderás!

http://http://picasion.com/
http://picasion.com/

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

Buscando órbita!

Un día Lilly atopou un libro de maxia debaixo da súa cama. Ese libro contén un feitizo que permite a Lilly poder viaxar á época que desexe. Aproveitando os seus poderes máxicos, imos adentrarnos con ela no Medievo. Pero ollo, non se vai tratar dunha aventura tan sinxela. Preparados? Listos? Xaaaa!!!!

lilly

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

TRES, DOUS, UN….COMEZA O MEDIEVOEXPRESS!!!

Seguro que o máis está a chamar a túa atención é o nome do proxecto, non si? Pois pretende ser o punto de partida dunha aventura que nos levará á conquista de diferentes lugares da nosa comunidade, incluso do propio país. Lugares que a día de hoxe nos permiten conectar co noso pasado, co medievo. Antes de emprender este periplo, debemos coñecer que é o que queremos aprender para, posteriormente, desenvolver as nosas destrezas e habilidades. As cales nos permitan coñecer e entender mellor o mundo que nos rodea. En definitiva, é un modesto xeito de que os nenos e nenas sexan conscientes do proceso constante de cambio trepitante no que vivimos inmersos e das vantaxes e inconvintes que estes cambios trouxeron consigo. Alá vamos!!!!

El castell de Montgrí / Montgri Castle

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

Ola mundo!

Te damos la bienvenida a Blogs Climántica. Este es tu primer artículo. Edítalo o bórralo… ¡y comienza a publicar!

Publicado en Sen categorizar | 1 Comentario